11

Febrero

2015

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA

DOGA DO 11 /02/2015

 

Actuacións subvencionables para os comerciantes retallistas

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m2.,este límite so se esixe para o caso de acondicionamento local e non será aplicable as actividades con epígrafe IAE 653.1.

 

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.

 

c) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento e o deseño dos seus produtos.

 

d) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

 

e) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualizaciónde páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

 

f) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

 

Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.

663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

 

PRAZO DE SOLICITUDES 11 MARZO 2015.

NOTA.

nos cristerios de valoración  establécese que por pertencer a unha asociaciòn daràn 2 puntos